Lugo continúa incrementando turistas en outubro

Con 4.545 visitas á Oficina Municipal de Turismo durante o pasado mes de outubro, Lugo rexistra un incremento dun 30% con respecto ao número de visitantes do outubro do pasado ano. 

En relación a outubro do 2014, o número de visitantes que se achegaron á Praza do Campo incrementouse nun 38%. A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, defendeu a política de promoción turística de Lugo emprendida polo Concello e insistiu nas porcentaxes de diferenza con respecto a outras tempadas, que poñen de manifesto que o turismo no municipio non soamente se incrementa no verán, senón que se prolonga, debido a aspectos relacionados con cultura e lecer. O día no que máis visitantes se achegaron á Oficina Municipal de Turismo foi o domingo, 9 de outubro, con máis de 500 persoas, rexistrando este servizo municipal unha media diaria de 147 demandantes de información.

Tal e como avanzou Carmen Basadre, Madrid e Castela e León son os lugares de orixe do 25% dos visitantes. Por comunidades, séguenlles os de Asturias e os de Andalucía. En canto aos visitantes foráneos, foron os alemáns, os franceses e os americanos, os que máis interesados se mostraron en coñecer a cidade de Lugo en outubro, 531.

“Lugo, como xa dixemos varias veces, está e vén estando de moda moitos meses”, subliñou a edil ao tempo que anunciou que comparador de prezos de hoteis e viaxes www.trivago.es vén de declarar a Lugo como o destinos máis económicos de España para aloxarse en novembro, cun prezo por noite de 57 euros, cunha diferenza de máis de 64 euros con respecto á máis cara. Ademais de Lugo, atópanse nesta lista, Castellón, Salamanca, Burgos, Lleida e Murcia.