Joaquín Sánchez, novo presidente da Ruta do Viño de Valdeorras

Joaquín Sánchez, da Adega Alán de Val, é o novo presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, mentras que como vicepresidenta foi elexida, Montserrat Rodríguez, do Hotel Pazo do Castro. O resto da directiva queda composta tamén polo cargo de secretaria que ocupa Araceli Fernández, da adega Godeval, e o tesoureiro que é Albán Macía da Casa Rural Pacio do Sil. Os representantes dos concellos de O Barco, A Rúa e o do Consello Regulador ocuparán os postos de vogais. 

Entre os obxectivos da nova xunta directiva está a reactivación da actividade enoturística na comarca de Valdeorras e ampliar o número de asociados desta entidade. Os primeiros pasos irán enfocados a temas organizativos internos e tamén se vai solicitar unha reunión co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. 

Os membros da nova xunta directiva foron escollidos nunha Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada a primeiros de novembro. Dous representantes do sector público, dous do sector adegas e industrias agroalimentarias e outros dous do sector turístico e de ocio e un do Consello Regulador compoñen esta directiva seguindo as normas da entidade.