Etiqueta Negra, os produtos Gourmet e delicatessen galegos este fin de semana en Pontevedra

O Concello de Pontevedra organiza unha feira profesional que abre tamén as súas portas a un público cada vez máis especializado e esixente, que se informa para coñecer o que está a consumir, que lle gusta probar sabores e experimentar texturas novas.

Nace así Etiqueta Negra, que baixo o lema “gourmet galego, inspiración innovadora”, pretende amosar tanto a ampla variedade de alimentos e bebidas de alta gama que se están a facer en Galicia, como os procesos de innovación de novos produtos, sabores e envases.

Etiqueta Negra, que celebrarase no pavillón do Recinto Feiral os días 12, 13 e 14 en horario ininterrumpido de 11 a 20 horas, aspira a converterse nun dos eventos gastronómicos máis destacados do país, que reunirá nun mesmo espazo a profesionais do sector, produtores e consumidores co fin de coñecer as tendencias de mercado, identificar novas liñas de negocio e difundir a excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos. Será o mellor escaparate para presentar o gran potencial deste mercado, onde a combinación de innovación e comercialización especializada progresa día a día.

Máis de 50 expositores que van presentar as súas liñas de produto gourmet. Marmeladas, cervexas, viños, queixos, aceites, cafés, licores, sidras, galletas, patés, carnes, salsas e aderezos, tortas e doces, conservas, cogumelos, innovación …

Todo nun recinto de máis de 4.000 m2 cun auditorio onde haberá showcookings de prestixiosos Chefs, presentacións de productos e conferencias; unha zona de catas onde probar e coñecer os fantásticos produtos gourmet presentes na feira; zonas de negocio…

Na feira poderás coñecer de primeira man os productos de A Pementeira, Alimentos Amodoro, Bico de Xeado, Bodega Roandi, Borboriño, Cañitas de la Abuela, Carabuñas. Os do Sabugueiro, Caracoles e Conservas do Gallo, Celeirós, Centro Superior de Hostelería de Galicia, Cervexa Meiga, Cervexa Menduiña, CIFP Carlos Oroza, Concello de Pontevedra, Confitería Lolita, Cooperativa Caprina Galega S.C.G., Cortes de Muar, Daveiga. Galletas Mariñeiras, Embutidos Raposo, Exclusivas Villares, Faxilda, Galipizza, Ganadería Balín, Habelas Hailas Licores, Hifas da Terra, Leiradoce, Leite Ulla, Licores Berrimes, Mafari Café, Mesturas, Mirabel do Rosal, Paladar Queso, PdH Pazo de Hermo, Pepaaloba, Petra Mora, Queixos D.O.P. Cebreiro, Rede Galega de Productores, Requeixo e Mel das Neves, Rías Baixas Santiago Roma Albariño, Ribela, Salsa O’Churrasco, Saramagal, Tartas Mimá, Tawi, Terras da Mariña, Tesouro de Barcala, Tetería da Deputación Provincial, Torta de Sarria
Volalla, Xianas Galletas Artesás, Yatecomeré, e máis…

O evento conta co Patrocinio da Deputación de Pontevedra e de Mahou, así como de Mafari, a Mancomunidade do Salnés e a colaboración de Tawi, Froiz, Gráficas Anduriña, Martínez Blanco Vestiario Profesional, CIFP Carlos Oroza e Gadis.