Buscar/Hemeroteca

miércoles, 5 de octubre de 2016

Vendima 2016: uva de boa calidade

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou a boa calidade xeral da uva na vendima deste ano nas cinco denominacións de orixe de viño de Galicia. Fíxoo durante a súa visita á adega Rectoral de Amandi, na DO Ribeira Sacra.

Ángeles Vázquez sinalou que os informes previos facilitados polos consellos reguladores de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras confirman as boas previsións en canto á calidade do froito, debido a factores como as chuvias rexistradas nos días previos á colleita, que propician o óptimo estado sanitario da uva, así como as súas condicións favorables de acidez e azucre.

As estimacións feitas polas denominacións de orixe apuntan a unha colleita total próxima aos 53 millóns de quilos de uva, que suporá un descenso respecto á de 2015. Malia iso, os valores da vendima actual serán bastante próximos aos do conxunto do último decenio. A conselleira salientou especialmente o caso da DO Monterrei, no que se prevé un incremento da uva recollida con respecto á media dos últimos anos.



No hay comentarios: