Reunión da hostalería santiaguesa có alcalde

www.santiagodecompostela.gal
Martiño Noriega, presidiu a reunión da mesa de diálogo co sector da hostalería de Santiago, convocada a petición dos representantes dos hostaleiros. O alcalde cualificou a reunión de moi frutífera, e adiantou que se celebrará unha nova xuntanza no prazo de tres semanas.  explicou que "a prioridade será establecer, de acordo cos servizos técnicos, unha interpretación do marco legal para que non se dean situacións de agravio". Nese sentido, recoñeceu a existencia ao longo do tempo de "diferentes criterios á hora de catalogar as sancións que se impoñen, e moitos casos as de contía máxima".

Na xuntanza participaron tamén os concelleiros de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, e de Convivencia, Xan Duro; así como representantes de PP, PSOE e BNG. Pola parte do sector hostaleiro participaron membros das asociacións Hostalería Compostela, Vicus Francorum, Cidade Vella, Tempo con Xeito e a Asociación de Bares e Pubs de Compostela.

En nome de todas as asociacións de hostaleiros participantes na mesa de diálogo, o xerente de Hostalería Compostela explicou que "existe inseguridade xurídica e o sector leva alertando diso a sucesivas corporacións municipais". Ramón García Seara reiterou o malestar do colectivo hostaleiro porque "o catálogo de espectáculos foi aprobado pola Xunta no ano 2004 e a Lei de Emprendemento en 2013, e a interpretación da norma en Santiago nunca foi tan estrita como a que se fai agora". Por iso, reivindicou "que se regule o marco de interpretación das normas, buscando o punto de equilibrio para que os empresarios poidan desenvolver a súa actividade, os que saen de noite poidan divertirse e os veciños poidan descansar". Nesa liña, o xerente de Hostalería Compostela explicou que na actualidade "estanse poñendo multas de 100.000 euros a locais que traballan só unhas horas pola noite e que teñen aforos de menos de 50 persoas, que non son un Madrid Arena".

Ramón García Seara salientou que na reunión desta mañá "estaba sentada a totalidade da hostalería de Santiago, uns 500 establecementos que supoñen 2.500 postos de traballo directos e máis de 8.000 indirectos