Galicia rexistrou históricas de viaxeiros en setembro

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), Galicia rexistrou no pasado mes de setembro a un notable incremento na cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros. Con 518.559 viaxeiros e 960.260 superou nun 6,7% e 7,0%, respectivamente, as cifras do pasado ano. A nosa comunidade acadou así o pasado mes máximos históricos tanto no que atinxe ao volume de viaxeiros aloxados como ás pernoitas.

En termos de mercados destaca o comportamento do turismo internacional que marcou no pasado mes máximos históricos tanto de viaxeiros con preto de 190.000 como de pernoitas con 290.000 ao rexistrar incrementos do 9,2% e 6,8% respectivamente. 

Continúa tamén a senda de crecemento o turismo interno que presentou un incremento do 3,2% no que respecta ás pernoitas e dun 1,6% no referido aos viaxeiros, acadando a cifra das 188.000 noites, o dato máis elevado dos últimos seis anos.

Pola súa parte, o turismo receptor nacional superou o pasado mes de agosto nun 8,7% o nivel de pernoitas e nun 7,2% a cifra de viaxeiros acadando con máis de 485.000 pernoitas a cifra máis elevada dende o último Xacobeo 2010.

A ocupación hoteleira tamén mellorou na nosa comunidade no pasado mes en 2,7 puntos porcentuais, concretamente, ata situándose a ocupación media na cifra máis elevada dende 2010. Así mesmo, os establecementos hoteleiros de Galicia melloraron unha vez máis os seus niveis de rendibilidade en relación ao mesmo mes do 2015 subindo o RevPAR un 8,4%.

Galicia superou no terceiro trimestre do ano nun 5,7% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 8,0% o nivel de pernoitas do terceiro trimestre de 2015, acadando niveis que supoñen máximos históricos en Galicia –con máis de 1,8 millóns de viaxeiros e 3,7 millóns de pernoitas-. 


O comportamento dos tres grandes segmentos de mercado neste período foi homoxéneo. O turismo interno incrementou nun 8,8% os seus viaxeiros aloxados e nun 12,0% as súas pernoitas acadando, con máis de 730 mil un máximo histórico para a nosa comunidade.