Captación turística de Galicia en Montreal

Turismo de Galicia participa ata o próximo domingo 23 de outubro, na feira ‘International Tourism & Travel Show’ que se desenvolverá na cidade de Montreal (Canadá). Trátase da feira de maior relevancia do país xa que Montreal é una das cidades máis poboadas xunto con Toronto.

Nesta cita, aberta tanto a profesionais como a público xeral e que cada ano rexistra unha importante afluencia de visitantes, o departamento autonómico de Turismo promocionará os principais valores turísticos da comunidade galega, dentro do recinto que instalará Turespaña. 

O produto galego estrela neste mercado segue sendo o Camiño de Santiago, aínda que cada vez se aprecia maior interese por coñecer outros recursos da nosa Comunidade como a oferta cultural e tradicional, natureza e gastronomía.

O perfil dos visitantes atendidos corresponde a persoas de mediana idade -de 40 a 65 anos- cun poder adquisitivo medio-alto, que planea viaxes de longa duración, moi influídos polas conexións aéreas directas. A maioría das viaxes de lecer adoitan a ser realizadas entre xullo e outubro.

Canadá conta con dous mercados claramente diferenciados, o anglófono e o francófono, ambos de grande importancia e peso para Galicia. España é un dos destinos máis populares, xunto con Francia, Italia, Reino Unido e Alemania.