Buscar/Hemeroteca

jueves, 6 de octubre de 2016

Axudas para a transformación de produtos do mar

A Consellería do Mar investirá 100 millóns de euros na modernización e innovación tecnolóxica da industria transformadora e comercializadora de produtos do mar ata o ano 2020, a través de subvencións ao abeiro do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP). Así o dixo a titular en funcións deste departamento autonómico, a conselleira do Mar en funcións, Rosa Quintana, na presentación das novas instalacións do Grupo Atunlo, situadas en Beiramar, en Vigo.

A empresa Atunes y Lomos S.L está formada pola alianza de Coper (Comercial Pernas S.L.), PEVASA (Pesquería Vasco Montañesa S.A) e Inpesca (Compañía Internacional de pesca y derivados S.A.). Dedícase á comercialización e transformación de atún enteiro e lombos crus e cocidos. A empresa conta con oficinas comerciais en Italia, Marrocos e Asia, con catro plantas operativas no Grove, Cambados, Santoña e Cabo Verde e ten presenza comercial en máis de 25 países. No 2015 comercializou máis de 50.000 toneladas de produtos, cun volume de vendas de máis de 96 millóns de euros.

No hay comentarios: