Buscar/Hemeroteca

domingo, 2 de octubre de 2016

A todo tren polo Camiño do Norte

O Tren Termal e do Camiño do Norte, unha das novas incorporacións deste ano ao programa dos trens turísticos ‘Galicia a todo tren’, fixo este sábado o primeiro percorrido entre as cidades da Coruña e Lugo, nunha viaxe que contou coa participación da directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita.

O itinerario inclúe a viaxe en tren entre A Coruña e Lugo, con parada en Guitiriz, para que os viaxeiros poidan gozar dunha sesión termal no Balneario de Guitiriz así como un percorrido a pé por un tramo do Camiño do Norte que inclúe a visita á capela de Santo Alberte.

Logo, os pasaxeiros trasládanse á cidade de Lugo, onde poden achegarse ata a Muralla e ao casco histórico da cidade, con visitas ao Centro de Interpretación da Muralla e á Casa dos Mosaicos, antiga Domus romana. Este mesmo itinerario volverá repetirse o vindeiro 22 de outubro pechando o programa dos trens turísticos de Galicia do ano 2016.


No hay comentarios: