A Apehl particpou na elaboración da Estratexia de Turismo de Galicia 2020.

A sede central da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) acolleu a celebración da mesa de participación de Lugo para a elaboración da Estratexia de Turismo de Galicia 2020. 

No debate, organizado polo Clúster de Turismo de Galicia, participaron Martina Gandoy (Balneario de Lugo), Manuel Guitar (Asociación Caetra), Jacobo García-Bobadilla (Hotel Méndez Núñez e secretario da Apehl), Begoña García (técnica de Turismo de Ribadeo), José Luis Lodos (Asociación de Turismo Rural Terra Chá), Álvaro Villasante (Restaurante Paprica), Yolanda Gómez (Servizo de Coordinación da Área de Cultura da Xunta de Galicia en Lugo), Enrique Pérez Etchevarría (Axencia de Turismo de Galicia) e José Francisco Real (presidente da Apehl).