860 anosde `As San Lucas´ en Modoñedo

As festas e feiras das San Lucas celébranse en Mondoñedo dende o ano 1156, cando o rei Alfonso VII concedeulle a Mondoñedo o titulo de cidade, con esta distinción tiña a obriga de a celebrar unha feira de 8 días, que antigamente era de 15. Esta edición comeza o día 15 ata o 23 de outubro,e cumpre 860 anos.

A Deputación de Lugo achega 25.000 euros á Asociación de Feiras e Festas da San Lucas, organizadora desta cita cabalar, sendo así principal pratrocinadora desta celebración. O Presidente da Comisión de Festas, Miguel Souto agradeceu a implicación do organismo provincial na celebración das San Lucas. Nesa mesma liña se manifestou a Alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, quen agradeceu a colaboración económica da Deputación. “Permitídeme que personalice este agradecemento no Presidente, Darío Campos, que tivo dende un primeiro momento unha atención como merecen estas feiras, e que é o fiel reflexo de que os políticos para as cousas importantes sempre somos capaces de poñernos de acordo”.

García Porto remarcou que a Deputación “sempre apostará por promover este tipo de citas xa que contribúe a promocionar esta cidade, impulsa a comarca turisticamente e dinamiza a economía de toda a provincia”. Ademais felicitou a comisión organizadora deste importante evento xa que leva moitos anos promovendo esta feira. “Si as San Lucas seguen perdurando no tempo, ano tras ano, é grazas ao empreño xeneroso de xente anónima e desinteresada que non quere perder as súas tradicións. Hoxe aquí acompáñannos Amancio Ares e Pablo, dous mindonienses empeñados en seguir coa tradición de baixar os cabalos ata o campo da feira para que todo mundo poida contemplar este espectáculo marabilloso de ver as cabezas de gando percorrer as rúas empedradas da cidade, como fai 860 anos”, resumiu.

A Deputada destacou a importante programación cultural que presentan As San Lucas 2016. “Todos os que se acheguen a Mondoñedo poderán desfrutar dunha oferta cultural de primeiro nivel como por exemplo o concerto de Susana Seivane e Cristina Pato na Catedral, monólogos de Carlos Blanco, conferencias sobre a historia da cidade, titeres, regueifas, malabares, maxia, encontro de músicas de bailes tradicional ou teatro”, explicou.

Ademais convidou aos organizadores desta feira a seguir este camiño iniciado fai 860 anos. “Dende todas as administracións debemos promover, impulsar, e contribuír e loitar para que as nosas tradicións pervivan e sigan formando parte da nosa esencia. Porque coñecendo e recoñecendo o noso pasado servirá para mellorar o noso futuro”.