Vía Romana na Cea Enolóxica do Club Exxpopress

Ao fondo, de branco, Juan Luis Méndez, de Vía Romana
Os viños da adega da D.O. Ribeira Sacra Vía Romana, os vermús de Nordesía -fantántico o tinto de mencía, non lle vai moito a zaga o branco de godello- a xenebra Nordés e a Tónica Bágoas do Mar (elaborada con auga de mar dos acantilados da Costa da Morte) foron os protagonistas da III Cea Enolóxica do Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia celebrada no Restaurante A Cascada do Cámping Rural Ría de Arosa-2 de Oleiros (Ribeira), parque campista de primeiro nivel nas estibacións do monte A Curota.

O obxectivo desta actividade non é e outro que promocionar viños galegos de denominación de orixe, conservas galegas e productos da marca PescadeRías. Entre os 90 invitados figuraban algún xornalistas especializado en gastronomía, viños e turismo e bloggers xunto co comunicador Paco Lobatón, que foi o invitado especial desta edición.

No transcurso da cea degustaronse viños da adega Vía Romana e vermús de Nordesía en maridaxe con conservas da gama Gurmet de Frinsa (sardinillas, mexilóns en escabeite e zamburiñas en salsa americana); sardiñas da Confraría de Ribeira, ameixas e polbo da marca PescadeRías e produtos da horta ecolóxica da asociación Amicos, así como postres de Secretos de Galicia.

O encontro rematou cunha charla do xornalista Víctor Furelos, redactor de El Correo Gallego, titulada Heroes da paisaxe vinícola, centrada na viticultura heróica da Ribeira Sacra e outras zonas vinícolas de montaña.