Buscar/Hemeroteca

martes, 6 de septiembre de 2016

Turismo idiomático para desestacionalizar

Un grupo de profesores de ELE -Español como Lingua Estranxeira- procedentes de diversas universidades americanas e canadenses que visitan Galicia neste días no marco dos Cursos Internacionais que celebra a Universidade de Santiago de Compostela en colaboración con Turismo de Galicia.

Profesopres co xerente do Xacobeo
Esta misión inversa, que deu comezo o pasado día 4 e finalizará o próximo 8 de setembro, ten como obxectivo dar a coñecer a nosa comunidade como destino, en especial a Galicia interior e as vertentes do Camiño de Santiago menos transitadas, como o Camiño de Inverno.

O fin é combater a concentración xeográfica do turismo galego e ao mesmo tempo poñer en valor todos os recursos naturais, paisaxísticos, culturais e turísticos da nosa comunidade. Neste senso, varios dos profesores transmitiron o seu interese por realizar cos seus alumnos programas específicos de Español como lingua estranxeira combinados co Camiño de Santiago.

A iniciativa é resultado da colaboración mantida entre a Universidade de Santiago de Compostela e Turismo de Galicia para a promoción do Camiño de Santiago e o impulso do turismo idiomático, un sector clave no desenvolvemento económico e social de Galicia.




No hay comentarios: