Turismo de Galicia promocionou o turismo de golf en Holanda

Xerar difusión mediante publicacións nos medios de comunicación locais e especializados e ofrecer información turística e deportiva ao obxecto de atraer aos golfistas holandeses e do resto de Europa para que coñezan a oferta para a práctica do golf na Comunidade galega, este é o obxectivo da presenza de Turismo de Galicia no torneo ‘KLM Open 2016’ que se celebrou en Holanda.

Con estas premisas, o departamento de Turismo da Xunta instalou un expositor no campo de Spijk no que os visitantes tiveron a oportunidade de obter información turística xeral e específica das posibilidades que ofrece a Comunidade galega para a práctica do golf, ademais de promover o turismo galego a través de contactos cos medios de comunicación, asociacións de golfistas e operadores turísticos especializados.



Neste ámbito, Holanda conta con 150 campos de golf e 282.000 licencias federativas degolfistas, o que significa que unha porcentaxe elevada da poboación practica este deporte. Estes datos confiren a este país como una potencial emisor de xogadores de golf cara Galicia.