Turismo de A Coruña pon en marcha a XIII edición do Concurso de Tapas Picadillo

Turismo de A Coruña pon en marcha a XIII edición do Concurso de Tapas Picadillo con 70 locais e 93 tapas participantes, 55 na categoría de tapa tradicional e 38 na de creativa. O concurso celébrase do 16 de setembro ao 2 de outubro e este ano eleva o nivel de calidade e incentiva a innovación ao esixir tapas creadas específicamente para o certame.

As datas do concurso coinciden coa celebración do congreso SECOT, a finais de setembro, dando atractivo extra aos preto de 1.500 asistente e, por primeira, vez cóntase coa Asociación de Celíacos de Galicia para identificar tapas sen glute, 26 das participantes, ademais aumenta a participación na categoría de maridaxe, na que se presentan 22 tapas acompañadas de viños da D.O. Monterrei

Con esta acción, Turismo de A Coruña pon á disposición de cidadáns e visitantes un evento gastronómico que dinamiza a súa oferta gastronómica e desestacionaliza o turismo. A información do concurso estará dispoñible na webtapaspicadillo.es e promociónase tamén co reparto de folletos pola cidade, así como nas oficinas de Turismo, hoteis e con carteis propios restaurantes participantes.

Cada unha das propostas gastronómicas será avaliada inicialmente por un xurado de expertos independentes das escolas de hostalaría do CIFP As Pontes e a Escola de San Javier. Unha vez seleccionadas as dez tapas finalistas (5 creativas e 5 tradicionais), un segundo xurado integrado por chefs de prestixio decidirá as tapas gañadoras na primeira semana de outubro. 

A categoría de maridaxe será valorada por sumilleres, membros da Asociación Galega de Sumilleres Gallaecia e da D.O. Monterrei. Durante toda a duranción do concurso, o público poderá degustar os bocados e valorar cada unha propostas diferentes que probe, votando nas furnas habilitadas nos locais para tal efecto.

Os locais optan aos premios Picadillo á mellor tapa tradicional, á mellor tapa creativa e o premio Cidade da Coruña otorgado polo público. Cada un deles está dotado con 1.500 euros ademais dun diploma acreditativo e unha chaquetilla de chef coa imaxe do concurso. Por outra banda, o Premio Picadillo á Mellor Maridaxe supón unha visita e cata a bodega de Monterrei para 2 persoas en pensión completa.

O público que vote as tapas nos cupóns de valoración que atoparán nos locais (unha vez por cada tapa diferente que consuman), accederá ao sorteos de: 5 xantares/ceas en establecementos gañadores, 5 vales de compra de 50€ para consumo nos mercados coruñeses, 3 vales de compra para consumo nas distintas asociación comerciais da cidade por valor de 100€ cada un, 4 bonos “Termaria en Familia” (2 adultos e 2 nenos), 1 bono “Noite na Coruña”, en hotel de 4 * en habitación dobre e cea e mais 4 premios dobres para ruta en veleiro.