Buscar/Hemeroteca

martes, 6 de septiembre de 2016

tour promocional da campaña De tapas por Galicia 2016 con pescadeRías

O selo pescadeRías, de onde se non? terá presenza no tour promocional da campaña De tapas por Galicia 2016. Un autobús percorrerá as cidades de Madrid, Ávila, Valladolid, Salamanca, Santander, Oviedo, Gijón, León, Braga e Porto, entre os días 6 e 17 de setembro, dando a coñecer o certame De tapas por Galicia, que entre setembro e decembro se convertirá nun dos principais atractivos para visitar as sete cidades galegas e gozar da súa gastronomía.

A presentación da campaña será o 7 de setembro en Madrid, e contará coa presenza dos gañadores da anterior edición, os cociñeiros Rubén González e Sergio Orge, de El Cafetín, entidade adherida a pescadeRías, de onde se non?

Podes descargar o dossier informativo do certame e unha guía cos maiores atractivos das sete cidades galegas participantes: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. 


A partir do 7 de setembro estará habilitada a web:www.detapasporgalicia.com

No hay comentarios: