Terceira de edición do Festival Mar de Mares na Coruña

coruna.gal
A terceira edición do Festival Mar de Mares, o encontro artístico, educativo e lúdico que xira arredor do mundo mariño, se celebrará entre os días 21 e 25 de setembro na Coruña e prolongará a súa actividade ata o 27 de novembro.

Este ano o festival, no que o Concello colabora a través das áreas de Culturas, Medio Ambiente e Igualdade, profundará na relación entre Galicia co mar, o uso sostible dos recursos mariños, e no papel da muller na investigación ou deportes náuticos. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñemento, José Manuel Sande sinalou que a Concellería de Culturas colaborará co festival a través de distintas iniciativas, como a exposición Pel de mar do fotógrafo lucense Xulio Villarino, "o retrato dunha forma de vida, que transluce a relación que as cidades poden establecer co mar". O Kiosco Alfonso acollerá esta mostra entre o 21 de setembro e 27 de novembro, e contará no interior do recinto municipal cun espazo de concienciación ambiental promovido pola área de Medio Ambiente

O responsable de Culturas destacou a "interesante relación" que o festival establece entre o mar e a cidade, "ao revitalizar o vínculo cultural histórico existente entre ambas, que ata agora non aflorou tan claramente como debería". "A cidade ten máis presente o mar como obxecto de ocio que como espazo de oficios, e con este festival poderemos ter máis presente o potencial evidente do mundo mariño", dixo.

Entre as actividades máis destacadas que apoia o Goberno local, atópanse as que ofrecerán dous dos Museos Científicos Coruñeses, "o que supón o recoñecemento da cultura científica e, á vez, pon de manifesto a relación existente entre a arte e a ciencia, unha cuestión que é un reto e un camiño que pode circular a creación e a divulgación, e sobre a que traballan os Museos", expuso Sande. Así, a Domus acollerá o xoves 22 un parladoiro da investigadora medioambiental e activista Lucy Gilliam, impulsora do proxecto eXXpedition, no que falará desta iniciativa, unha serie de travesías mariñas nun velero tripulado únicamente por mulleres coa finalidade de traballar e visibilizar a polución plástica das augas e o seu efecto na saúde. O museo tamén acollerá o venres 23 a estrea na Coruña da longametraxe O legado das rías galegas, do fotógrafo vigués Jorge Candán. 

Por outra banda, e xa no mes de outubro, no Aquarium Finisterrae celebraranse os distintos obradoiros de O mar a fondo, un proxecto dirixido ao público escolar que fomenta o coñecemento do mundo mariño e o interese pola súa preservación.

O Concello tamén estará presente nesta edición do Festival a través das Bibliotecas Municipais, que ofrecerán desde o 12 ao 30 de setembro puntos de interese nos centros con libros e material audiovisual sobre os oceános, ademais de ter presenza noutros espazos do encontro.