O CSHG participa no programa Reverse mission by chef instructors

Turismo de Galicia, a través do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), estará presente este luns 5 de setembro no programa ‘Reverse mission by chef instructors’ organizado polo ICEX Spain Trade & Investment. O encontro celébrase dende mañá ata o próximo sábado 10 de setembro, e visitará as cidades de Madrid, Córdoba, San Sebastián, Navarra, e La Rioja.

O programa está dirixido a instrutores de escolas de hostalería de Hong Kong, United Kingdom, Mexico e USA e ten por obxectivo trasladar o coñecemento e aplicacións dos produtos gastronómicos españois, a fin de favorecer o coñecemento dos mesmos e exportación a outros países.

O Centro Superior de Hostelería de Galicia impartirá, coa colaboración de ANFACO,  un seminario de produto seguido dun obradoiro de cociña de demostración con cinco elaboracións a base de tapas.


Na actualidade, o CSHG é considerado un centro de referencia a nivel internacional na industria turística, grazas ao apoio deste proxecto por parte da Xunta de Galicia e aos máis de 2.000 alumnos que se sumaron a esta iniciativa apostando polo Centro e que hoxe traballan en hoteis e restaurantes de todo o mundo.