Lara Méndez confirma as casetas e caldeiros de polbo no San Froilán

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este luns unha xuntanza con Javier Irimia, un dos adxudicatarias das casetas e caldeiros do polbo. 

Tras a reunión, a rexedora garantizou a subministración dun elemento tan característico no San Froilán, como o polbo, para que as festas sigan sendo un éxito. 

Lara Méndez puxo en coñecemento de Irimia os mecanismos cos que conta sempre o Concello, como administración, para garantir o obxecto do contrato, como poder ser a declaración dun procedemento de urxencia. 

Do mesmo xeito, trasladoulle os prazos para entregar a documentación requerida.