Buscar/Hemeroteca

lunes, 12 de septiembre de 2016

España produciu en 2015 preto de 346.000 toneladas de conservas de peixe e marisco

A produción de conservas de peixes e mariscos de España foi o ano pasado de preto de 346.000 toneladas cun valor económico de máis de 1.500 millóns de euros e subliñou que delas en Galicia se elaborou o 86%. Ademais engadiu que as exportacións de preparados e conservas subiron en Galicia preto dun 9% e en España máis un 6%.

Esta tendencia continúa no primeiro trimestre de 2016 no que as exportacións españolas de conservas, semiconservas e preparados de peixes e mariscos subiron un 15% en volume e un 13% en valor económico en relación ao mesmo período de 2015. 

Así o avanzou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, na clausura do III Simposio Internacional Aplicación da Industria 4.0 no sector Agro-Mar-Alimentario, organizado pola Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados, Anfaco-Cecopesca. Alí destacou “o afán emprendedor e innovador desta asociación, que permitiu que este sector en permanente crecemento e expansión ampliase o seu mercado exterior dun modo notable nas últimas décadas”. 

Non obstante, para elevar o grao de competitividade e continuar liderando o mercado, advertiu a titular de Mar, “é imprescindible permanecer en garda e esforzarnos en mellorar a eficiencia”. Isto, advertiu, tendo en conta que nos movemos nun contexto de mercado globalizado no que algúns axentes actúan con determinadas vantaxes respecto a Estados comunitarios.

No hay comentarios: