Entre xaneirio e agosto www.lugo.gal recibiu máis de 230.000 visitas

Durante os primeiros oito meses do ano a páxina web do Concello www.lugo.gal recibiu un total de 232.759 visitas. O número de usuarios que accederon ao portal municipal neste período foi de 125.918, que visitaron 947.707 páxinas. Os visitantes acceden a unha media de 4,07 páxinas en cada sesión e a duración media de cada sesión é de tres minutos e trece segundos. Aproximadamente un 51,43% das visitas foron realizadas por primeira vez.

Con respecto do mesmo período do ano pasado, o número de visitas aumentou nun 51,44%  e o número de usuarios foi un 42,26% máis, que visitaron un 24,50% máis de páxinas da web. Estes datos tan positivos foron grazas a que os contidos da páxina web son máis accesibles para os usuarios e agora non é necesario acceder a tantas páxinas para consultar a información.

En canto á procedencia das visitas, a maioría proceden de España, cun total de 220.350 visitas, sendo tamén significativas as 2.170 visitas procedentes de Alemaña, as 1.235 de Estados Unidos, as 941 do Reino Unido, as 747 de México, as 670 de Holanda, ou as 645 de Portugal.

Por cidades, a maioría das visitas proceden da cidade de Lugo, con 112.470, seguidas de 33.664 de Madrid, 17.326 da Coruña, 12.485 de Santiago de Compostela, 6.031 de Barcelona, ou 5.445 de Vigo.

As visitas realizadas dende ordenadores ascenden a 141.089, pero xa son significativas as feitas dende móbiles ou tabletas, cun total de 91.670, que aumentan grazas á posta en funcionamento da versión da web adaptada para os dispositivos móbiles.