Buscar/Hemeroteca

miércoles, 7 de septiembre de 2016

De Tapas por Galicia

Co obxectivo de difundir os valores da gastronomía galega Madrid acolleu a presentación do certame ‘De tapas por Galicia’, que inicia a súa edición 2016 o vindeiro venres en Lugo, un ciclo gastronómico que acollerán as sete grandes cidades da Comunidade galega ao longo dos meses de setembro, outubro e novembro.

‘De tapas por Galicia’ é unha iniciativa do departamento de Turismo da Xunta, en colaboración cos organizadores dos certames das cidades galegas, que supón a unión dos concursos que tradicionalmente se veñen celebrando ao longo do outono nas cidades galegas, baixo un mesmo paraugas e que preserva a personalidade individual de cada un deles.

Baixo o lema ‘Sete cidades, sete sabores’, a partir do venres día 9 de setembro comezará o certame ‘De tapas por Galicia’, co concurso ‘De Tapas por Lugo’ que, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, se estenderá ata o día 25 deste mesmo mes nos restaurantes e locais hostaleiros da Cidade das murallas, con premios outorgados polo público e por un xurado popular.


No hay comentarios: