
A conselleira estivo acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e polo presidente da IXP Ternera Gallega, Jesús González, e foi recibida por Daniel Cochón e Isabel Martínez, directivos da devandita industria.
Coa posta en marcha deste indicativo vaise mellorar a transparencia comercial e as garantías que se lles ofrecen aos consumidores en canto á calidade e á orixe do produto. A medio prazo, prevese que se acollan a esta IXP cerca de 10.000 explotacións gandeiras, se certifiquen en torno a 30.000 canais e se comercialicen máis de 10.000 toneladas de carne de vacún maior de calidade.
O presidente de Ternera Gallega, Jesús González, destacou que o novo selo IXP Vaca e Boi de Galicia “potenciará, defenderá e poñerá en valor a carne de calidade procedente das vacas e bois da nosa Comunidade, apostando pola transparencia no sector, a trazabilidade do produto e pola súa calidade, de xeito que se acaden melloras nos prezos e se optimice a comercialización desta carne, o que repercutirá favorablemente tanto nas ganderías como nas industrias cárnicas galegas”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario