Asunción Rodríguez Zarraquiños cesa como presidenta do C. R. da D.O. Monterrei

Asunción Rodríguez Zarraquiños cesa nas súas funcións como presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei por motivos persoais. Recentemente, Asunción Rodríguez comunicou a súa decisión á conselleira de Medio Rural e hoxe informou da mesma ante o Pleno da entidade, nunha xuntanza que comezou ás 19,30 horas. 

A renuncia será efectiva a partir destevenres, día 9, cando participará no que será o seu último acto como presidenta: un evento promocional dos viños da comarca na Casa de Galicia en Madrid, cuxa presenza tiña comprometida desde hai varias semanas.

A Presidencia en funcións do C.R.D.O de Monterrei será asumida polo actual vicepresidente do organismo, José Antonio da Silva Rodríguez, responsable de Vinos Lara, unha das 25 bodegas integradas na denominacion de oirxe.