A edil desexou que “este concurso sexa, como en edicións anteriores, todo un éxito, animando a todos os lucenses a que participen”. Este ano poderase escoller entre 44 establecementos da cidade, que ofrecerán distintas tapas cunha gran variedade de materias primas, presentacións e sabores.
Os hostaleiros da Arrocería Os Cachivaches amosaron a tapa que presentarán este ano ao certame, denominada Carabinieri, unha tapa chea de orixinalidade e bo gusto, cunha presentación vangardista.
Dende este venres día 9, e ata 25 de setembro, poderanse degustar as distintas tapas que participan neste concurso, que conta con importantes premios tanto para os hostaleiros como para o público.
No hay comentarios:
Publicar un comentario