Pantalán en Salvaterra

Turismo de Galicia, e o Concello de Salvaterra asinaron un convenio de colaboración para a instalación dun pantalán no dito concello pontevedrés. A construción estará situada na contorna do Ponte Internacional Joâo Verde e Armador Saavedra, que comunica as localidades de Salvaterra e Monçao, encontrándose moi próxima ao parque público da Canuda.

Ademais ao pantalán se poderá acceder a través dun embarcadoiro existente, que era utilizado antigamente para o transbordador Salvaterra-Monçao, e que protexerá a instalación das correntes do río.

Durante o acto, a responsable de Turismo da Xunta, Nava Castro, sinalou que o obxectivo é aumentar con el as posibilidades de desfrute que ofrecen estas zonas fluviais a carón do río Miño que, segundo afirmou, constitúen un gran reclamo turístico e importantes zonas de lecer tanto para os veciños do pobo como para os visitantes do concello.

Neste senso, explicou que, deste xeito, se potenciará a oferta turística do concello de Salvaterra do Miño mediante a potenciación do uso do pantalán como un espazo natural no que se poderán desenvolver actividades relacionadas co ocio e co turismo.