O Pantín Classic Pro incentiva o turismo e reflcte a imaxe de Galicia ao exterior

Pantín Classic Pro, campoionato internacional de surf que se celebra en Valdoviño, congregou o pasado ano a máis de 35.000 persoas en seis días e contou cunha audiencia en medios de comunicación dixitais de máis de 13,7 millóns de seguidores en varios países distintos.

Esta nova edición do Pantin Classic Pro, que se celebrará do 30 de agosto ao 4 de setembro, volverá situar a Comunidade galega no epicentro do turismo de surf a nivel mundial e a promoción e divulgación de Galicia a través desta modalidade deportiva está reflectida no incremento de persoas que practican este deporte nas costas galegas.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto ao secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e o presidente do Club Praia de Pantín, Miguel Ángel Galeiras, asinaron en Santiago un convenio de colaboración polo que o departamento de Turismo da Xunta colaborará un ano máis na celebración da  29 edición do Pantín Classic Pro, incluido no circuíto mundial da World Surf League, e que traerá á Comunidade galega a surfistas profesionais de todo o mundo.
  
O Pantín Classic Pro “é mundialmente coñecido na contorna do surf, deporte que practican na actualidade máis de corenta millóns de persoas, polo que grazas a este campionato, a marca Galicia estará presente en medios especializados de todo o mundo", salientou Nava Castro e engadiu que ano pasado, nas redes sociais Facebook e Twitter, foron 1,1 millóns as persoas alcanzadas.

A práctica dos deportes náuticos como un dos motivos principais dos viaxeiros á hora de elixir o destino Galicia e por isto, o Plan Integral de Turismo recolle a promoción e o apoio á organización de iniciativas de turismo deportivo para a captación de novos fluxos turísticos