Tirón de orellas do Gremio de Hospedaxe de Compostela á administración turística

O Gremio de Hospedaxe de Compostela e Camiños de Santiago -entidade composta por empresarios de hospedaxe en todas as súas modalidades n aos aloxamentos ilegaisas distintas rutas xacobeas en Galicia- advirte de que máis aló das boas cifras no número de peregrinos chegados a Galicia nos últimos meses e as boas perspectivas para agosto, o Camiño de Santiago precisa máis que nunca unha atención específica con regulación e control sobre os aloxamentos ilegais, esforzos promocionais internacionais e reflexionar sobre a necesidade de seguir ofertando albergues públicos deficitarios e seguir facendo uso de pavillóns e instalación deportivas municipais con deficientes condicións de hixiene e seguridade cando as prazas privadas son suficientes.

Dende o Gremio e, pese a que a Xunta teña previsto regular no mes de setembro os alugueres turísticos -moi abundantes no Camiño, consideran que o texto que se manexa non pon practicamente requisitos para converter unha casa particular nun hotel, o que ao entendes deste colectivo supón unha aposta firme pola falta de calidade e de control por parte das administracións.
"Somos conscientes de que se trata dun fenómeno que se debe permitir pero é urxente que se regule en e que se faga cunha lexislación máis restrictiva, que se controle a súa e aplicación e que sexa máis semellante a dos establecementos reglados", enganden.

Segundo o Gremio, o Camiño precisa, ademais, manter o impulso internacional que este ano perdeu en mercados como o asiático tras a saída de Turkish Airlines do aeroporto de Lavacolla, pese as recomendacións das axencias. "Nos últimos meses constatamos que esta operación está a repercutir no turismo chino, xaponés e turco e incidindo no crecemento do Camiño neste mercado", adevirten.