Showcooking de Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago

Co fin de achegar aos profesionais da gastronomía e ao público en xeral as cualidades excepcionais do Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago, o Concello de Narón, en colaboración coa D.O. Ribeiro, a Cooperativa do Campo Galego O Val- Narón e os chefs Rafa Centeno e Inés Abril organiza este mércores 20 de xullo ás 12.30 horas un showcooking no Restaurante Maruja Limón de Vigo (unha estrela Michelín), no que se degustarán varios pratos elaborados a base destas hortalizas e dirixido aos medios de comunicación xeralistas e especializados.

No acto, no que estarán presentes os máximos responsables do Concello de Narón e a directiva da Cooperativa do Campo Galego O Val-Narón, entidade que aglutina aos produtores que cultivan as hortalizas, se amosará o uso do Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago como ingredientes exclusivos da cociña tradicional e de vangarda, coincidindo coas xornadas gastronómicas “Horta de Narón” desenvolvidas no concello.