Buscar/Hemeroteca

lunes, 4 de julio de 2016

O turismo medra en Lugo

O primeiro semestre do 2016 pecha na cidade de Lugo cun incremento dun 13% no número de viaxeiros que se achegaron á Oficina Municipal de Turismo, que espera atender a máis de 15.000 visisitantes no verán. De feito, nos primeiros meses deste ano achegáronse preto de 17.300 visitas á Praza do Campo, incrementándose nun 13% con respecto ao mesmo período do ano anterior e nun 14% máis que no 2014, anos nos que os turistas rexistrados estaban preto dos 15.000. A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, celebrou a evolución positiva que vén sufrindo mes tras mes, e ano tras ano as visitas á cidade, ao tempo que se mostrou optimista respecto ao comportamento do turismo de cara o verán. 

Por comunidades autónomas, Lugo recibe un importante número de visitantes de Madrid, Cataluña e Castela e León, supoñendo un 37% das visitas nacionais. En canto ao turismo internacional, dos 2.670 visitantes, predominan os cidadáns de Francia (374), Alemaña (343), Estados Unidos (286) e Arxentina (270). 

Basadre insistiu en que os datos son un reflexo da promoción de Lugo feita polo Goberno no que vai de ano, tanto no metro de Madrid como de Barcela, en revistas alemáns, no Alsa, e nas redes sociais. “Cada vez estamos traballando mellor para dar a coñecer Lugo, as súas excepcionalidades e os seus atractivos”, concluíu.

No hay comentarios: