Galicia avoga polo turismo deportivo

A Xunta avogara por consolidar Galicia como destino de turismo deportivo co desenvolvemento de produtos especializados e o apoio a eventos deportivos. Así o manifestaron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete na presentación do Euro Beach Soccer League en Sanxenxo.

A directora asegurou que Galicia acollerá dous campionatos de fútbol praia do máis alto nivel tanto no ámbito nacional co próximo Campionato de España de Seleccións Autonómicas, que terá lugar os do 15 ao 17 deste mes, coma no eido internacional coa competición europea de fútbol praia ou Euro Beach Soccer League, que se celebra esta fin de semana. A directora subliñou que ambas as dúas se celebrarán por primeira vez en Galicia, concretamente en Sanxenxo.

A competición europea de fútbol praia congregará ás seleccións nacionais máis relevantes, un total de 14, entre as que están as mellores do mundo como é o caso de Portugal, vixente campión mundial. Tamén se darán cita España, Ucrania, Francia, Rumanía, Suíza, Alemaña, Grecia, República Checa, Noruega, Holanda, Inglaterra, Turquía e Andorra, que completan un cartel deportivo de luxo. O evento achegará as imaxes de Galicia a máis de 100 países a través da súa retransmisión por televisión.

A continuación, entre o 15 e o 17 de xullo, Sanxenxo tamén acollerá o Campionato de España de Seleccións Autonómicas nas categorías sénior e xuvenil masculinas, outra cita de especial relevancia.