Distinción a Lugo pola promoción e protección do Camiño Primitivo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua de Lugo, Carmen Basadre, recolleu a distinción que lle realizou á Xunta ao Concello polo seu labor de protección e promoción turística do Camiño Primitivo.

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, foi a encargada de entregar este recoñecemento no acto do primeiro aniversario da declaración do Camiño Primitivo como Patrimonio Mundial, que se celebrou este martes no claustro da Catedral de Lugo.

Os datos abalan esta boa xestión da entidade local, xa que no pasado ano, percorreron o Camiño Primitivo 11.428 peregrinos, un 38% máis que no mesmo período do ano anterior. No que vai de ano 4.000 peregrinos recorreron o Camiño Primitivo.