Salimat, Turespo e Festur, misión cumplida

O Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2016, o cal se celebrou no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, acolleu máis de 1.400 reunións de negocio nos seus Encontros Nacionais e Internacionais de Compradores. Esta cifra de entrevistas supón un 27% máis que o pasado ano, cando tiveron lugar 1.100, debido a un incremento no número de expositores nesta edición do salón, un 14 % máis.

Estas reunións celebráronse entre 94 empresa de alimentación que expoñen os seus produtos no certame e 27 importadores, distribuidores e restauradores de 6 países. Deles 14 eran importadores de Colombia, México Brasil, Holanda e Bélxica, mentres que os restantes eran 4 distribuidores españois, 6 empresas nacionais do canal Horeca (hostalería, restauración e catering) e as 3 cadeas de distribución Gadisa, Velgasa-Eroski e Carrefour.

Pola súa banda, o VI Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia 2016 que acolle o recinto Feira Internacional de Silleda conxuntamente coa Feira de Festas de Interese Turístico (Festur) acolleu no marco da súa Bolsa de Contratación Turística 1.350 reunións de negocio. 

Estes encontros tiveron lugar entre 80 empresas de turismo, 77 delas galegas, e 31 turoperadores procedentes de 10 países, Alemaña, Bulgaria, EE.UU, España, Holanda, Italia, Noruega, Polonia, Portugal e Rusia. No seu transcurso as empresas puideron mostrar detalladamente as súas propostas aos operadores, co obxectivo de que estes as oferten nos seus países de orixe, no caso dos internacionais, e en distintos puntos de España no caso dos nacionais.