Roma, Santiago de Chile e Dublín saborearon a gastronomía galega

As cidades de Roma, Santiago de Chile e Dublín acolleron acontecementos destinados a promover a gastronomía de Galicia, que representou á cociña española no ámbito internacional, con motivo da celebración do ‘Día mundial da tapa’, organizados por Turismo de Galicia en colaboración con Turespaña.

A  Real Academia de España na capital italiana foi o escenario dunha velada na que participaron 250 persoas entre xornalistas especializados, críticos gastronómicos, profesionais do turismo, diplomáticos e autoridades de Italia e na que a cociña galega foi a protagonista da gastronomía española na celebración do ‘Día mundial da tapa’.

En Roma, o chef Luís Veira, do restaurante coruñés distinguido con estrela Michelin Árbore da Veira, ofreceu varias tapas vinculadas aos produtos gastronómicos galegos máis característicos, logo de comentar cos asistentes os ingredientes utilizados e a súa preparación.

Por outra parte, desde o pasado xoves, Santiago de Chile acolle as actividades de promoción da gastronomía galega con motivo do ‘Día mundial da tapa’ ata o domingo e en Roma, a gastronomía galega representou tamén a España neste acontecemento que comezou na Embaixada española cun acto de presentación no que participou Turismo de Galicia e o cociñeiro Francisco Botana, do restaurante Pandemonium, de Cambados.

Por último, a capital irlandesa acolleu o acontecemento ‘Taste of Dublin’  que está situando en primeiro plano a nosa cociña nesta cidade. Nesta promoción participen máis de 35.000 persoas, e na que Turismo de Galicia dispuxo un recinto no que se poden degustar produtos gastronómicos galegos e viños das denominacións de orixe protexidas galegas.