Oleiros, capital galega das bandeiras azuis

Conxugar o respecto ao medio ambiente e a calidade na atención ao turista é a chave para bater récords de visitantes. Ou eso é o que pensa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que así o dixo no acto de entrega de Bandeiras Azuis 2016, celebrado en Oleiros, municipio coruñés que acadou 5 eseñas para outas tantas praias do seu litoral.

A Comunidade galega volve ser líder a nivel español en bandeiras azuis con 141, sumando os portos deportivos, xa que no referente exclusivamente a praias perdeu o liderado a favor de Valencia.

De tal xeito, 123 das bandeiras concedidas a Galicia corresponden a outras tantas praias -8 menos que en 2015- e 18 aos portos deportivos. “Este ano sumáronse a esta prestixiosa lista seis novas praias: A Ladeira, en Baiona; O Con, en Moaña; Paxariñas, en Sanxenxo; Naval, en Oleiros; Arealonga, en Barreiros; e Pampillosa, en Foz”, abundou Feijóo.

En total son 38 os municipios galegos que presumen de Bandeira Azul en algún dos seus areais enseñas que se distribúen 56 na provincia de Pontevedra, 45 na Coruña e 22 en Lugo.