O San Froilán 2016 xa ten cartel

O San Froilán 2016 xa ten cartel anunciador. Trátase dun collage, que baixo o nome de Neve e dun xeito distinto aos gañadores das anteriores edicións, integra os elementos característicos e os valores destes festexos; a artesanía, a gastronomía e a música. 

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre tamén aunciou o deseño que anunciará o San Froilán Miúdo, Xa chegou, protagonizado por un polbo. “Trátase de dúas obras elaboradas por dúas mulleres luguesas, a cativa Lucía Varela Torres e Amalia Gorgoso Pacios”.

O fallo produciuse este lúns na Casa Consitorial, onde se xuntaron os máis de 80 traballos presentados ao concurso de adultos, o dobre que a pasada edición, e uns 42 aos dos máis cativos, unha decena máis que no 2015 Os gañadores recibirán un premio económico de 2.000 euros, no caso dos adultos, e un premio adaptado á idade da cativa gañadora, valorado en 300 euros. 

O San Froilán, que se celebra do 4 ao 12 de outubro deixou en Lugo uns beneficios duns 11,5 millóns de euros e ata un 97% de ocupación hoteleira, segundo estimou Basadre.