La Vuelta con acento galego

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, celebrou o “acento galego” do spot oficial de La Vuelta 2016, rodado integramente na Comunidade e con artistas da terra, e que o evento teña Galicia como lugar de saída por oitava vez na súa historia. Neste sentido, a responsable de Turismo da Xunta enxalzou a “oportunidade única” que supoñen ambos fitos para continuar coa internacionalización da Comunidade como destino xa que en 2014 a competición foi seguida por 190 países dos cinco continentes.

A responsable autonómica fixo estas valoracións na presentación do spot oficial do evento, que este ano celebra a súa 71ª edición. No acto tamén participaron o director xeral de La Vuelta a España, Javier Guillén, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, e a delegada territorial da Xunta na citada provincia, Marisol Díaz Mouteira.