Funtación Semana Verde-Vegalsa Eroski, parella de feito

A directora de Relacións Institucionais e RSC de Vegalsa-Eroski, Gabriela González, e o director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán, asinaron un acordo de colaboración entre ambas entidades. O convenio ten por obxectivo promover a vinculación da empresa alimentaria cos produtos galegos e dar a coñecer o valor engadido que a súa actividade produce ao sector agroalimentario.

Gabriela González sinalou que a aposta que as grandes empresas galegas fan por Salimat Abanca contribúe a convertela non só na gran feira do sector alimentario galego senón tamén nun motor económico para a Comunidade. A súa vez reseñou a importancia de contar cunha feira que sirva ás empresas alimentarias de plataforma de promoción dos seus produtos podendo, de primeira man, dalos a coñecer e testar o seu interese entre os consumidores. 

En virtude deste convenio e durante a súa vixencia, Vegalsa-Eroski participará no salón de alimentación Salimat Abanca, que nesta edición se celebra do 9 ao 12 de xuño, cunha superficie mínima de 64 metros cadrados, ademais de acudir aos seus Encontros de Compradores, os cales contan nesta convocatoria con vinte e sete importadores e distribuidores de seis países. Ademais, levará a cabo xestións cos seus provedores a fin de lograr a súa posible participación no salón. 

Así mesmo, Vegalsa-Eroski promocionará a súa participación nesta feira e levará a cabo unha campaña de difusión do certame Abanca Semana Verde de Galicia a través da distribución de flyers, cunha primeira entrega de 135.000 exemplares que xa están distribuídos nos seus 261 supermercados de Galicia, e colocación de roll-ups nos seus establecementos máis importantes, ademais da súa difusión a través de redes socias e doutros soportes.