Amigos da Cociña Galega promocionou a gastronomía autóctona en Valencia

A Asociación Amigos da Cociña Galega organizou en Valencia unha xornada celebrada en Valencia co obxectivo de promocionar Galicia como destino gastronómico.

Unha das razóns de ser desta asociación, que está formada por 33 restaurantes de Galicia, Barcelona, Lleida, Madrid, Palma, Valencia e San Juan de Puerto Rico, é defender a pureza do recetario da cociña tradicional galega.

A xornada iniciouse cun percorrido polo concello de Valencia e o Museo Nacional de Cerámica e das Artes Suntuarias González Martí. Pola noite, celebrouse unha cea no Restaurante Rías Gallegas que, ademais dos membros da asociación, contou con representantes de institucións locais e rexionais. 

Esta é unha das iniciativas que todos os anos organiza Amigos da Cociña Galega en cidades de toda España para intercambiar coñecementos sobre produtos, a súa importancia e a forma de obtención.