Lugo despunta no eido turístico

O primeiro cuatrimestre do 2016 pechou cun balance turístico máis que positivo, ao rexistrarxe unhas 9.500 visitas á Oficina Municipal de Turismo de Lugo, incrementándose nun 12% con respecto ao mesmo período do ano anterior e nun 19% máis que no 2014. A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, celebrou estes datos que poñen de manifesto que “Lugo está de moda, e as cifras de viaxeiros que se achegan á oficina da Praza do Campo así o confirman mes tras mes”, ao tempo que se mostrou máis que optimista respecto ao comportamento do turismo de cara ao Arde Lvcvs e o verán.

Basadre insitiu en que os datos son un reflexo da liña de traballo do Goberno Municipal, dirixido principalmente a promover as singularidades de Lugo, cun amplo abano de actividades de calidade e gratuítas, dirixidas a públicos de todas as idades, para que coñezan tanto estas excepcionalidades así como os atractivos da cidade luguesa. 

Máis do 90% dos visitantes que se achegaron á Praza do Campo eran españois, o que da boa conta do comportamento do turismo nacional. Os catalanes, seguidos dos madrileños, son os que máis visitaron a cidade luguesa, supoñendo un 35% das visitas nacionais. Tamén destacan as visitas dos cidadáns de Castela e León e do País Vasco. Entre os máis de 760 foráneos, atópase a visita de 154 franceses, 117 alemáns, 89 arxentinos, 38 estadounidenses, 29 xaponeses e 23 brasileños, entre outros. 

A rede musesística municipal rexistrou máis de 10.000 visitas ao longo dos catro primeiros meses do ano. A Domus do Mitreo e a Casa dos Mosaicos foron os centros máis visitados, con máis de 3.400 e 3.300 persoas cada un. Polas instalacións vangardistas do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) pasaron máis de 2.100 persoas. O Centro Arqueolóxico de San Roque e a Sala de Exposicións de Porta Miña reuniron máis dun milleiro de visitas.