Gadis coas letras galegas

Supermercados Gadis desenvolve diferentes accións culturais para sumarse, un ano máis, á conmemoración do Día das Letras Galegas. A compañía edita 20.000 exemplares de “Heiche de cantar un conto”, un novo recompilatorio realizado por Manuel Rico Verea do cancionero tradicional infantil de Galicia, que remata a colección iniciada hai dous anos con “Eu non canto por cantar”, ao que seguiu en 2015 a publicación dos “Cantos de berce tradicionais”.

Coa edición de “Heiche de cantar un conto” os nenos e as nenas pasan de seren os receptores de cantos de berce a seren axentes activos que xogan e interpretan rimas, cancións, fórmulas máxicas, contos mínimos, recitativos, diálogos e outras prosodias deste suxestivo apartado do cancioneiro infantil de tradición oral.

O autor e Gadis queren afondar no estudo, na conservación e na difusión do tesouro literario e musical de Galicia e, ó mesmo tempo, posibilitar que nenos, pais e docentes dispoñan dunha escolma deste material de tradición oral.

A publicación estructúrase en seis capítulos. Nos dous primeiros inclúense cantos e prosodias infantís que se deben utilizar durante a etapa da adquisición progresiva da linguaxe. No 3º preséntanse cantos de oficios e labores que se complementan con melodías narrativas asociadas ó cancioneiro, que se amplían no capítulo quinto con narracións do Nadal, e no sexto con parrafeos e preguntas. No 4º apartado aparecen muiñeiras novas e no quinto as cancións relacionadas cos ciclos festivos do Nadal, do Entroido, dos Maios e de San Xoán.

A empresa regalará un exemplar deste libro en todos os Supermercados Gadis de Galicia o vindeiro luns 16 de maio por calquera importe de compra ata fin de existencias.