Buscar/Hemeroteca

lunes, 16 de mayo de 2016

Actividade de formación para empresas turísticas da Ribeira Sacra

Propietarios e traballadores de empresas turísticas de 31 concellos de Lugo e Ourense incluídos dentro do ámbito territorial da Ribeira Sacra e do Camiño Francés poderán participar entre os días 18 e 20 de maio na actividade formativa ‘Modelo de calidade en destinos para os servizos do sector turístico’, organizado polo Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED) en colaboración con Turismo de Galicia.

Con esta acción trátase de acadar un nivel de calidade homoxéneo dentro dun mesmo destino turístico, de xeito que non se aprecien diferenzas substanciais de calidade entre os distintos elementos, públicos e privados, que interveñen na formación da experiencia turística, xerando valor para o turista e para o propio destino a través da fidelización do cliente.

Así, no ámbito da Ribeira Sacra, o Centro do Viño de Monforte de Lemos acollerá este curso o vindeiro día 19 de maio, dentro do ámbito xeográfico dos concellos de Portomarín, Taboada, Chantada, Carballedo, O Saviñao, Pantón, Sober, Monforte de Lemos, A Pobra de Brollón, Ribas de Sil, Quiroga, Paradela; na provincia de Lugo, e os da Peroxa, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Teixeira, Castro Caldelas, Montederramo, Xunqueira de Espadañedo y Esgos, na provincia de Ourense.

Por outra parte, Melide, o día 18, e Sarria, o día 20 de maio, acollerán este curso do SICTED, destinado ao Camiño Francés, con ámbito nos concellos de Arzúa, Melide, Monterroso, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, O Pino, Portomarín, Samos, Sarria e Triacastela.

No hay comentarios: