Buscar/Hemeroteca

sábado, 16 de abril de 2016

Xacobeo Vs Ano Santo de Caravaca de la Cruz

Os goberbos galego e murciano asinaron un protocolo de colaboración co fin de trasladar a experiencia na promoción do Camiño de Santiago á celebración do Ano Santo de Caravaca de la Cruz 2017. Logo de destacar as semellanzas que hai entre Santiago e Caravaca, dúas das cinco cidades santas que hai no mundo, o presidente da Xunta subliñou a importancia de que ambos gobernos concentren as súas capacidades en proxectar ao exterior as súas singularidades “o especial atractivo destes lugares tan especiais que non se crean con investimentos e nos que reside a historia e a espiritualidade”.

Con respecto a isto, o presidente do Goberno galego subliñou que Santiago, desde o Ano Santo de 1993, foi cambiando a configuración da Comunidade. De feito, asegurou que Galicia non se concibiría sen os Camiños de Santiago, que unen a Comunidade con occidente a través dos distintos itinerarios que conflúen no Obradoiro.

No hay comentarios: