Buscar/Hemeroteca

viernes, 15 de abril de 2016

Viaxe de familización de axentes de viaxes e turoperadoes irlandeses a Santiago

Turismo de Santiago, Aer Lingus e a OET de Dublín manteñen boa relación dende hai anos, facilitando múltiples actividades de promoción conxunta, como viaxes de xornalistas e profesionais do sector e mesmo sorteos de viaxes a Santiago na televisión irlandesa. Ademais, Turismo de Santiago participa regularmente na Holidays World Show, a principal feira de turismo do mercado irlandés, que neste ano tivo lugar en Dublín entre o 22 e o 24 de xaneiro.

Turismo de Santiago amosa a cidade estes días a un grupo de axentes de viaxes e turoperadoes irlandeses, nunha acción de promoción que conta coa colaboración de Aer Lingus e a Oficina Española de Turismo en Dublín. O mercado irlandés é un dos mercados que está tendo un maior crecemento na cidade nos últimos anos, tanto en número de peregrinos como en turistas que visitan a cidade para "short breaks", aproveitando a conexión directa de Aer Lingus entre Santiago e Dublín.

No 2015, Irlanda foi o sétimo país con maior número de peregrinos internacionais por detrás de Italia, Alemaña, EEUU, Portugal, Francia e Reino Unido. O ano pasado marcouse un novo máximo no número de peregrinos irlandeses, con 5.360, un crecemento do 6,77% respecto do 2014. Entre o 2004 e o 2016, o número de peregrinos irlandeses multiplicouse practicamente por dez.

Aer Lingus obtivo tamén en 2015 os mellores datos en volume de pasaxeiros na súa conexión entre Dublín e Santiago, consolidándose no aeroporto con preto de 30.000 pasaxeiros anuais. O obxectivo para este ano é que esta conexión supere por primeira vez os 30.000 pasaxeiros.

No hay comentarios: