Subijana recibiu o Lola Torrres de Gastronomía

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, entregou a Pedro Subijana o XV Premio Nacional de Gastronomía Lola Torres, promovido pola Fundación Amigos de Galicia. Nesta edición, este premio recoñeceu a traxectoria e valía tanto persoal como profesional do artífice dunha das referencias donostiarras da boa mesa, o Akelarre, que conta con tres Estrellas Michelin desde fai nove anos, catro Soles na Guía Campsa e unha puntuación de 9,5 sobre 10 en Gourmetour.

Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia destacou que resulta fundamental a posta en marcha de iniciativas que promovan e difundan a nosa gastronomía para conservar, así, a nosa tradición culinaria, poñela en valor, e consolidala internacionalmente. 

Nava Castro resaltou o labor do Premio Lola Torres, que sitúa a cociña tradicional de Galicia no escaparate tanto nacional como internacional. “Este premio nacional de gastronomía é un recoñecemento oficial á gran tarefa dos cociñeiros e restauradores e unha bonita homenaxe ao arduo labor dunha das máis importantes defensoras da cociña tradicional galega, Dolores Torres Rodríguez", sinalou.