Buscar/Hemeroteca

miércoles, 13 de abril de 2016

Presentada a Ruta da Lamprea

Pesqueiras do Ulla
O Centro Superior de Hostalería de Galicia acolleu a Ruta da Lamprea nun acto que, presidido pola directora de Turismo de Galicia Nava Castro, contou coa presenza da directora do Centro, Marta Fernández, e numerosos alcaldes dos concellos galegos polos que discorre así como representantes do sector.

Este novo produto turístico diferenciador de Galicia comprende dezaoito municipios galegos situados nas beiras dos ríos Miño, Ulla e Tambre e servirá para poñer en valor os principais recursos naturais, gastronómicos e culturais destes concellos ao redor dos labores de pesca e a gastronomía deste singular peixe.

Durante a presentación, Nava explicou que a lamprea habita desde fai máis de 500 millóns de anos nos ríos Tambre, Ulla e Miño e dependendo do río e do emprazamento no seu curso, utilízanse diferentes construcións e sistemas de captura.

Neste senso, a directora de Turismo de Galicia sinalou que a fama da que goza a lamprea a nivel internacional, non só é atribuíble á calidade do produto, senón tamén á forma artesanal da súa captura. “Tanto as pesqueiras como as artes de pesca son elementos tradicionais e singulares do territorio e da paisaxe que integran o patrimonio material e inmaterial dos concellos galegos situados ás marxes destes ríos constituíndo elementos de gran potencial turístico”, afirmou.




No hay comentarios: