Pescan unha troita de 3 quilos no Verdugo

Iván Díaz Lains, un xoven afeccionado á pesca deportiva, capturou unha troita de casi 3 quilos de peso. Este exemplar foi sacado nas inmediacións dos Pasos da Fraga, que permiten atravesar o río Verdugo entre as parroquias de Caritel e Laxoso, no concello de Ponte Caldelas

O afortunado pescador foi recibido polo alcalde, Andrés Díaz, quen felicitou ao pescador pola súa captura e compartiu con el a satisfacción de que un veciño de Ponte Caldelas lograse unha troita dese tamaño a escasos días do inicio da Festa da Troita e do concurso de pesca deportiva.

O rexedor caldelano encomiou a pericia do pescador e animou aos afeccionados á pesca deportiva a que participen no concurso que se desenvolverá en Ponte Caldelas os días 28 e 29 de maio dentro do programa competitivo internacional previsto pola organización do 50 Aniversario da Festa da Troita. Así mesmo, resaltou o bo estado de conservación ambiental do río Verdugo, así como a abundancia e excelente medida da fauna piscícola existente na zona, como acredita a propia captura dun exemplar destas características.