O CSHG promociona titulacións en Portugal

O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) está a promocionar nestes días as súas titulacións de dirección hoteleira e xestión en cociña en Portugal. Así, no día de onte, o departamento de márketing do CSHG ofreceu diversas charlas nas escolas Raínha Leonor, Pedro Nunes e Lumiar da capital lusa, ademais de celebrar unha xornada de traballo con membros do Instituto Cervantes. 

O obxectivo do CSHG é iniciar unha colaboración con este e outros centros co fin de animar aos alumnos portugueses do Centro a facer cursos de español para mellorar a súa integración e facilitar a formación durante o primeiro ano. As xornadas formativas seguirán nestes días en Lisboa, Oporto, Pôvoa de Varzim e Valença do Minho.