IMEX, couto de congresos

A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, promove a oferta do sector da organización de congresos e reunións de empresa na feira especializada IMEX, que se está á na cidade alemá de Fráncfort. Esta é unha das feiras de congresos máis senlleiras do mundo no ámbito do turismo de reunións e Turismo de Galicia esta presente cun espazo de promoción. Este ano, ademais de Turismo de Galicia, asisten as entidades galegas de Turismo da Coruña, Palexco, Expocoruña e Vigo Convention Bureau.

Nesta feira, Turismo de Galicia conta cun expositor para presentar a información da oferta turística de Galicia, relacionada tanto cos congresos como con outros recursos paisaxísticos, gastronómicos ou de infraestrutura hoteleira.

Por outra parte, está prevista a presentación da oferta turística galega, nun acto que se desenvolverá no propio recinto da feira, así como a asistencia aos actos de promoción organizados pola Oficina de Turismo de España en Fráncfort.

Turismo de Galicia tamén participa na presentación aos medios de comunicación alemáns da oferta española de turismo de congresos e no evento ‘A Noite de España’, punto de encontro de profesionais españois e alemáns para intercambiar opinións e coñecer as novidades do sector no hotel NH Frankfurt City.