II edición da Semana das Industrias Culturais e Creativas en Ourense

A Deputación de Ourense pon en marcha un ano máis a ICC Week, que ocupa un espazo no territorio provincial marcando a axenda cultural dos concellos onde se celebra, sendo o acto máis importante no ámbito cultural neses municipios, que complementan o tradicional coa vangarda que ven a significar unha aposta polo futuro.

A 2ª edición da ICC Week, a Semana das Industrias Culturais e Creativas que organiza a Deputación de Ourense, celebrarase do día 10 ao 14 de maio, en diferentes lugares da provincia de Ourense, conxugando así a tradición dos enclaves que acollen os eventos coa modernidade dos temas que se expoñen. A presentación tivo lugar esta mañá no Centro Cultural "Marcos Valcárcel", coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e os coordinadores da ICC Week, Juan Rivas e Manuel Araújo.

A ICC Week "converte a Ourense nun auténtico plató de experiencias, creación e debate ao redor das vangardas creativas", e engadiu que este evento "sitúa á nosa provincia como referente das últimas cuestións relacionadas coas disciplinas que abrangue o ámbito da creatividade" afirmou Baltar.

Así mesmo destacou que esta idea, que naceu o ano pasado, "converte a Ourense nunha localización con referencia histórica indubidable e con gran valor patrimonial para os debates de máxima actualidade no eido da innovación audiovisual, da man de relatores que protagonizan os cambios e as últimas tendencias". "A ICC Week mestura o tradicional, o relevante patrimonialmente como é San Pedro de Rocas, o Pazo de Vilamrín, ou Mosteiro de San Salvador en Celanova, con aquelas cuestións postas sobre a mesa significan estar a falar do último en innovación".